Homenaxe a Benedicta Sánchez
28/11/2020

Homenaxe a Benedicta Sánchez

Mañá, sábado,último día da XLII Semana de Cine, ás 20,00 h., na Deputación Provincial, vaise render unha homenaxe á actriz Benedicta Sánchez, previamente á proxección de O QUE ARDE, da que é protagonista revelación téndose convertido nun fenomeno mediático.

A este acto, que promove o Grupo Fonmiñá, organizador da Semana, teñen confirmada a asistencia a Vicepresidenta da Deputación Provincial e Concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, e Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Foto: es.wikipedia.org