Homenaxe a un fotógrafo histórico de Portomarín
25/11/2020

Homenaxe a un fotógrafo histórico de Portomarín

Ás cinco e media da tarde, ao aire libre, diante da Casa do Concello de Lugo, o Grupo Fonmiñá, organizador da Semana de Cine de Lugo, rendeu homenaxe ao fotógrafo de 91 anos, José López-Foto Pereira, de Portomarín. Ademais de membros do Grupo Fonmiñá, participaron Maite Ferreiro, Concelleira de Cultura e Vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo; Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; a Directora da Biblioteca Provincial, María Elena García Pazos; e o musicólogo, crego e escritor Xesús Mato.

Na entrega púxose de manifesto a singular aportación deste veterano fotógrafo á historia do sur da provincia de Lugo, con especial incidencia nos concellos de Portomarín e Paradela, tendo arquivados 45.000 clichés que están sendo dixitalizados para a súa conservación e difusión no futuro. O máis destacado deste labor fotográfico é a magnífica colección de fotografías dos monumentos, xentes, paisaxes e vida do vello Portomarín,  que acabou mergullado nas augas do Miño  coa construción do pantano de Belesar.

Na praza principal de Portomarín, este nonaxenario fotógrafo mantén aberta unha de exposición onde mostra imaxes inesquecibles daquel fito do Camiño de Santiago, que hoxe so permanece na memoria, e nas fotografías de José López-Fotop Pereira.

Na fotografia, un momento desta homenaxe.