Inauguración do Paseo do Cine e descubrimento das placas de María Casares e Margarita Ledo Andión / Inauguración oficial da Semana de Cine
19/09/2022

Inauguración do Paseo do Cine e descubrimento das placas de María Casares e Margarita Ledo Andión / Inauguración oficial da Semana de Cine

O próximo luns, 19 de setembro, áss 18,00 h., vaise descubrir a placa que da nome ao PASEO DO CINE DE LUGO, vía principal do Parque da Milagrosa, que vai desde a entrada, na Avda. de A Coruña, cara ao Auditorio Gustavo Freire. Neste acto intervirá a Concelleira de Cultura de Lugo e Vicepresidenta da Deputación Provincial, Maite Ferreiro.

No Paseo do Cine neste momento están representados con cadansúa placa de homenaxe, ANTONIO MOURELOS (Lugo, 12.07.1959); PRUDENCIA GRIFELL (Lugo,22-12-1879 – México,7.06.1970); LUIS TOSAR (Cospeito, 13.08.1971), CARMEN CORREA (O Cádavo, 21.06.1933); LUIS IGLESIA (Riotorto, 2.02.1962) e FRANK BRAÑA (Pola de Allande, 24.02.1934 – Madrid, 13.02.2012), persoeiros todos eles homenaxeados nas Semanas de Cine de Lugo.

De seguido, xa no Paseo, descubrirase a placa de MARÍA CASARES, intervindo o escritor Claudio Rodríguez Fer, que rematará a alocución coa lectura dun poema na honra da galega que se fixo imprescindible no teatro e no cine no seu exilio francés. Falará a continuación Siro López Lorenzo – Siro, autor da caricatura de María Casares que se reproduce na placa e en todas as publicacións da Semana, así como tamén da caricatura que se reproduce na placa de Margarita Ledo.

Finalmente descubrirase a placa na honra de MARGARITA LEDO ANDIÓN, intervindo o Alcalde do seu concello natal, Castro de Rei, Francisco Javier Balado, e a continuación falará a homenaxeada.

A organización da Semana entregará a Siro un agasallo representativo desta celebración. E, despois de convidar aos presentes á proxección de “Nación” de Margarita Ledo, ás 20,00 h. na Deputación, e á inauguración oficial da Semana ás 22,00 h. no Auditorio Gustavo Freire, pechará o acto Valentín García Gómez, Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Inauguración oficial da Semana de Cine

Terá lugar ás 22,00 h., no Auditorio Gustavo Freire.

Actuará o Grupo de Teatro Achádego e a Banda oficial da Semana de Cine, dirixida por Armando Morales.

Seguidamente proxectarase a primeira película das presentadas no Ciclo Oficial da Semana: MENTES MARAVILLOSAS.