A Semana de Cine de Lugo, ante o COVID-19
09/08/2020

A Semana de Cine de Lugo, ante o COVID-19

Cris Torres entrevista a Xulio Xiz, presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

Cómo está a afectar a crise do covid ao sector?

Entendemos ser dos sectores máis afectados por este especial elemento sobrevido, que altera de xeito total a existencia dos festivais audiovisuais.

Se aos acontecimentos deportivos, festivos, sociais… que se celebran ao aire libre ven condicionalos ata facelos suspender, aos festivais coma o noso, en recintos pechados, con aglomeracións de xente, mesmo de público infantil, vennos a afectar na mesma esencia, facéndonos oscilar entre a suspensión, o aprazamento e novas formulacións sempre difíciles de plantear. Nós, resistíndonos á primeira das fórmulas, optamos pola conxunción das outras dúas.

Cómo se vai a realizar a próxima edición do festival e cómo se tomou esa decisión?

Habitualmente, a Semana de Cine de Lugo –Semana internacional de Cine de Autor- creada en 1979 polos mesmos organizadores que na actualidade (Directiva do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá), e dirixida por Manuel Curiel, vense celebrando na terceira semana de setembro, inmediatamente antes das tradicionais festas patronais do San Froilán. A organización reúnese semanalmente desde comezo de ano para ir preparando o festival, reunións alteradas este ano, convertíndoas en virtuais, polo coronavirus.

Diante da evolución dos acontecementos, e aínda que se entrou nun período de relativa trquilidade en canto á pandemia, coidamos que a celebración debía ser adiada ata ir vendo a evolución, por si vai permitindo a normalización  das celebracions. Recentemente, nesa mesma confianza e desexo, vimos de fixar para o mes de novembro, do 23 ao 28,  esta XLII Semana, coidando de xeito ben optimista que para entón a pandemia sexa só un mal recordó.

Esta é a situación actual: Seguimos traballando na organización, desbotado o mes de setembro, confiando que en novembro poidamos celebrar esta Semana de Cine.

Qué medidas ou axudas precisa o sector dos festivais neste momento?

Desde a nosa situación, non apreciamos a necesidade de medidas especiais para o apoio aos festivais cinematográficos, tendo en conta que en Lugo sempre tivemos un clima especial arredor do noso festival por parte das institucions, por encima de cores políticos, na común sensibilidade pola bondade dunha celebracion coma a nosa para a promoción do cine na cidade, e para a creación/satisfacción dunha necesidade cultural.

O que tería que haber –quizais sexa un imposible- é continuidade no futuro, artellando mecanismos de funcionamento, para evitar a impresión de recomezar cada ano.

De todos os xeitos, estamos plenamente satisfeitos da resposta das institucions que nos apoian, xa que Concello de Lugo, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo están sempre respaldando esta celebración cinematográfica.