Só quedan 41 entradas sen retirar para a Sección Oficial da Semana de Cine
20/11/2020

Só quedan 41 entradas sen retirar para a Sección Oficial da Semana de Cine

Das 300 entradas postas ao disposición do público para a Sección Oficial da Semana de Cine de Lugo no Auditorio Gustavo Freire (10 sesións a 30 entradas cada unha), foron xa retiradas 259, quedando nestes momentos un total de 41.

As sesións agotadas xa son as do día 27, ás 21 h. (DÉRIVE/THE FAR SHORES) e 28 ás 19,00h. (ALEKSI), podendo retirarse as do resto da programación da Sección oficial.

Poden así mesmo retirarse para asistir ás proxeccións do ciclo E PARA COMER, LUGO (Biblioteca Provincial), das que aínda quedan dispoñibles 29 localidades; 72 na Deputación Provincial (Cine Documental) onde xa está completo o aforo para as sesións homenaxe a Luis Tosar e Benedicta Sánchez; O Vello cárcere ("La otra orilla") e o Vicerreitorado da Universidade-Casa do Saber ("As curtas tamén son cine" e Cine galego).